Sunday 28 de April de 2024

Nova edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros


O Concello de Oleiros convoca a novena edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do noso municipio.

 

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros e sempre que os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases.

 

Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios. Presentaranse co título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.

 

O prazo de presentación será ata o 23 de xaneiro, no caso do alumnado a través dos centros de ensino ou no rexistro da Fábrica, e no caso das persoas adultas, só a través do Rexistro indicado.

 

 

Bases: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=967b4934-f5c5-4556-9b8b-009a5e26231b&groupId=7053846

 

Formulario: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=925ae8f5-19ab-4d74-82a0-3397f0c6875b&groupId=7053846